Un madrileño estafa case 23.000 euros a unha empresa en San Cibrao das Viñas a través do correo electrónico

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/12/2022 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense informou de que un veciño de Valdemoro (Madrid) está a ser investigado como presunto autor dun delito de estafa e outro de falsidade documental sendo a afectada unha empresa situada en San Cibrao das Viñas.

A investigación empezou por mor dunha denuncia interposta no cuartel da Garda Civil de Ourense, na que a representante da empresa manifestou que, tras recibir un correo dun provedor habitual, que levaba adxunto un arquivo (documento/factura) cun número onde realizar o pago, unha vez formalizado o mesmo e, días despois tras a chamada do referido provedor conforme non recibira o mesmo, formulou a denuncia.

Xestións realizadas pola Garda Civil, unha vez analizado o documento de pago, permitiron constatar que o modus operandi empregado polo ciberdelincuente fora o denominado 'ataque ao CEO', así como que o correo electrónico (en concreto o seu arquivo adxunto) foi modificado no referente ao número de conta corrente recepcionaria do ingreso, dándolle total aparencia de legalidade.

Tras establecer varias liñas de investigación, procedeuse á investigación de P.R.M., de 48 anos e veciño de Valdemoro, como suposto autor dun delito de estafa e un delito de falsidade documental.

As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de garda correspondente.

Investigación de delitos informáticos
Investigación de delitos informáticos | Fonte: CNP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta