Prensetado o disco 'Claustrofobia' de Rodrigo Ramos que foi composto "cando o mundo exterior era un perigo"

'Claustrofobia' presentarao cunha xira que comeza o 11 de marzo na sala Sónar de Santiago e segue con concertos en Madrid e Zamora, entre outros puntos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

O músico galego Rodrigo Ramos presenta 'Claustrofobia', un disco composto durante o confinamento pola pandemia da covid, "cando o mundo exterior era un perigo".

Nunha entrevista con Europa Press, este cantautor destaca que "creativamente" foi un tempo "estupendo", posto que, pese ao peche, "estabas na túa casa" e tiñas tempo para compor. "Foi unha etapa distinta, de levantarse e tocar", lembra.

Ramos acaba de estrear o single 'Claustrofobia', que é o segundo adianto e a canción que dá título ao seu novo álbum, que se porá á venda o 13 de xaneiro.

O single vén acompañado dun vídeo escuro dirixido por Xaime Miranda e protagonizado polos actores Víctor Fábregas e Adrián Ríos.

Pola súa banda, o disco foi gravado nos estudos Planta Sónica, en Vigo, e nos estudos Mans da Coruña. Conta con dez cancións: catro cantadas en galego e seis en castelán.

Ten unha colaboración con Lucía Pérez, destaca, "bastante especial", xa que "a priori os xéneros musicais" de ambos "non encaixarían", pero fixeron por crear unha canción que lles dese cabida e considera que saíu "un bo tema", que será single.

Tras máis dunha década formando parte de distintos grupos, Rodrigo Ramos iniciou a súa carreira en solitario en 2015. Dous anos máis tarde publicou o seu disco debut, 'Mirabas Almas', e despois chegou 'Sol de Inverno'.

En canto ás súas referencias, Rodrigo Ramos atrévese a xogar co folk, o pop e o rock and roll. Pola súa banda, defínese na liña do "rock latino".

'Claustrofobia' presentarao cunha xira que comeza o 11 de marzo na sala Sónar de Santiago e segue con concertos en Madrid e Zamora, entre outros puntos.

O músico Rodrigo Ramos lanza novo disco. ESMERARTE
O músico Rodrigo Ramos lanza novo disco. ESMERARTE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta