Alternativa dos Veciños asegura que comunicou "fidedignamente" a expulsión dos seus edís en Sada

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/12/2022 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Alternativa dos Veciños manifestou comunicar "fidedignamente" a expulsión dos que eran os seus edís en Sada, a actual alcaldesa, María Nogareda, e Breogán Branco, despois de promover a moción de censura contra o exalcalde, Benito Portela, de Sadamaioría.

Faino nun comunicado no que explica que o fixo en dúas ocasións, en concreto os días 7 e 17 de novembro, "mediante a presentación do documento no rexistro do concello". Engade tamén que se lle comunicou vía burofax "aos dous concelleiros expulsados a decisión adoptada polo partido".

Alternativa de Sada faino despois de que desde o BNG asegurasen, pola contra, que "nin Alternativa dos Veciños, nin o PP, nin o PSOE comunicaron fidedignamente ao Concello de Sada a expulsión dos seus tránsfugas".

Respecto diso, alude a un informe da secretaria municipal de data 29 de novembro que, apostila, "así o confirma". "O PP nada comunicou aínda ao concello e Alternativa e o PSOE aínda non presentaron documentación na que estean acreditados os requisitos extrínsecos de expulsión".

A nova alcaldesa de Sada, María Nogareda
A nova alcaldesa de Sada, María Nogareda | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta