Apartado un traballador do colexio Compañía de María de Santiago tras denuncia por agresión sexual a unha menor

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/12/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O colexio Compañía de María de Santiago apartou un traballador do centro despois dunha denuncia por unha presunta agresión sexual a un menor deste centro concertado.

Segundo confirmou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a dirección do centro púxose en contacto con Inspección Educativa nas últimas horas para informar deste caso.

Así mesmo, afirmou que o caso xa está en mans da xustiza e que a persoa presuntamente implicada xa foi apartada das súas funcións.

Este mesmo venres os responsables do colexio mantiveron unha reunión cos pais e nais dos alumnos de primaria e infantil para explicarlles a situación e trasladarlles que apartaran un traballador do centro.

Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela.
Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta