Rueda augura máis alcaldesas do PPdeG en 2023

O líder 'popular' esprinta na provincia de Pontevedra antes de Nadal para apoiar a candidatos na carreira ao 28M.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2022 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, mostrou este sábado o seu convencemento de que tras as eleccións municipais de 2023 haberá "aínda máis alcaldesas populares" entre os 313 concellos galegos. Así, nun foro no que reuniu ás rexedoras populares xunto a dirixentes como a súa secretaria xeral, Paula Prado, o xefe do PPdeG proclamou que "mentres haxa mulleres que crean nas políticas serias, o éxito sempre chega".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervén no 'Foro Alcaldesas' do Partido Popular (PP), no Pazo de Mos, a 17 de decembro de 2022, en Mos, Pontevedra, Galicia (España). Neste foro os alcaldes galegos do PP reúnense para debater e c. Gustavo da Paz - Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervén no 'Foro Alcaldesas' do Partido Popular (PP), no Pazo de Mos, a 17 de decembro de 2022, en Mos, Pontevedra, Galicia (España). Neste foro os alcaldes galegos do PP reúnense para debater e c. Gustavo da Paz - Europa Press | Fonte: Europa Press

O Foro de Alcaldesas --con 24 alcaldesas e 600 concelleiras-- tivo lugar este sábado en Mos, nunha xornada na que o dirixente popular fixo un esprint para chegar aos distintos actos marcos na súa axenda. Só antes da tarde, contaba con tres actos de partido, ademais de 'madrugar' no Carballiño (Ourense) nunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

Así, no foro de dirixentes mulleres, Rueda animou a "seguir traballando para manter a estabilidade fronte ao ruído, para deixar que a xesticulación non substitúa a xestión e para ter as maiorías necesarias para evitar os desgobernos e os pactos perdedores".

Alfonso Rueda reivindicou a defensa "sen complexos" da igualdade que levan a cabo as mulleres e os homes do Partido Popular de Galicia fronte aos que consideran esa loita "un coto pechado" e animou os seus "a seguir avanzando con feitos na loita contra a violencia machista e na construción da igualdade real todos os días, fóra de eslogans e postureo".

Durante a súa intervención, puxo en valor o feito de que Galicia teña a taxa de paro feminino máis baixa do Estado e referiuse ao bipartito de PSdeG e BNG para indicar que "por cada euro que investía en igualdade, violencia de xénero e conciliación, o goberno do PP inviste catro".

O dirixente autonómico puxo en valor a experiencia das alcaldesas populares e fixo un chamamento a seguir avanzando na loita pola igualdade "desde a humildade, a constancia e o coñecemento". "Somos maioría os que cremos nunha sociedade sen fendas de xénero", salientou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta