Vídeo de Nadal dun Rueda "motorista" con Rajoy falando en galego: "É guapo dabondo"

O presidente galego colle a moto no Nadal e fai unha felicitación con cameo de Rajoy

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 23/12/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O PP galego difundiu este venres a súa felicitación audiovisual de Nadal na que un motorista, que resulta ser o líder do partido, Alfonso Rueda, percorre o catro provincias para recoller desexos da cidadanía. No vídeo hai espazo para un cameo do expresidente estatal Mariano Rajoy, quen en galego combinado cun xogo de palabras diríxese ao titular da Xunta: "Ata logo! Vai sobre 'rodas'!".

O vídeo arrinca cun intercambio de 'whatsapps' de Rueda e o seu antecesor e actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, quen lle lembra que este ano lle toca ser o protagonista e, a continuación, pódese ver a un motorista que percorre Galicia para contactar con galegos e galegas de todas as idades, desde os máis pequenos aos maiores, e vinculados a diferentes sectores, incluído o do mar ou o agrario.

O PPdeG emitiu un comunicado no que resalta que o feito de que o motorista recolla 313 desexos --en referencia aos 313 concellos da Comunidade-- ao longo das catro provincias, e percorra tanto as zonas urbanas como as rurais busca reflectir que a formación ten "como únicas prioridades as prioridades dos galegos, vivan onde vivan".

No vídeo aparece Rajoy, quen detén a súa camiñada e dirixe unhas palabras a Rueda, pero non Feijóo. Non entando, os populares galegos queren ransmitir o seu orgullo polo seu pasado, presente e futuro, dando por feito que o dos Peares será o próximo inquilino da Moncloa.

O vídeo tira de humor e mesmo parodia o menor recoñecemento social que pode ter Rueda, cando chega en moto á sede do PPdeG e preséntase como o líder do partido en canto avísanlle de que non se pode aparcar alí.

A FOTO DE FAMILIA

No vídeo tamén 'actúan' a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e os catro presidentes provinciais do partido: Diego Calvo (A Coruña), Elena Candia (Lugo), Luís López (Pontevedra) e Manuel Baltar (Ourense).

Todos eles (con árbore e xersei do Nadal incluídos), xunto con Rueda e en nome do PPdeG, desexan aos galegos un Bo nadal e un próspero ano 2023. "Poida que iso de que 'aquí nos coñecemos todos' non sexa completamente exacto. Pero o que si é certo é que hai algo que todos, coñecidos e descoñecidos, temos en común: Galicia", reivindican os populares.

Imaxe da vídea de felicitación do PPdeG.. PPDEG
Imaxe da vídea de felicitación do PPdeG.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta