O alcalde de Ourense substitúe a Chuck Norris na súa felicitación do Nadal

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/12/2022 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O rexedor municipal de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, compartiu nas súas redes sociais a súa felicitación do Nadal aos ourensáns, na que substitúe dixitalmente a Chuck Norris nun vídeo no que fai o 'spagat' entre dous avións e proclama que "un bo rexedor debe ter altura de miras".

"Actualizando e tuneando un vello vídeo. Bo nadal e próspero 2023 ás persoas de boa vontade", escribiu este venres na súa conta de Twitter o alcalde da terceira cidade de Galicia.

Trátase dunha modificación na que Jácome pon a súa cara ao vídeo que a compañía Delov Dixital lanzou en 2013 cunha emulación dixital do actor Chuck Norris facendo o 'spagat' entre as ás de dous avións mentres sostén sobre os seus ombreiros a once persoas que acenden paulatinamente unhas luces do Nadal.

O vídeo de fai case dez anos, que, á súa vez, é unha parodia dun anuncio do tamén actor Jean Claude Van Damme no que realizaba ese mesmo exercicio entre dous camións, úsao agora Jácome para fecilitar as festas á xente "de boa vontade".

O alcalde acompaña o vídeo cunha gravación dun discurso no que fala das características dun "bo líder". "Un bo líder non só debe facer as cousas correctamente, un bo líder debe facer o correcto. Un alcalde non só debe loitar por ir sempre cara arriba, un bo rexedor debe ter altura de miras", sinala Jácome.

"Un bo alcalde non só debe levar o peso do concello nos seus ombreiros, un bo alcalde debe dar ás ás súas mulleres e homes", proclama antes de desexar un "Bo nadal e un Próspero 2023 para todo Ourense" no peche dun vídeo que conclúe cunha lema sobre a pantalla no que pode lerse 'En Jácome pódese confiar'.

Captura do vídeo da felicitación do Nadal do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
Captura do vídeo da felicitación do Nadal do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Altura de miras... refírese ás plusvalías das Torres do Miño ? Veremos como remata a faena en Ourense ? En Vigo o Absolutismo segue con boa saúde !