Santiago, Lugo e Ourense acollerán misas funeral polo Papa emérito Benedicto XVI

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2023 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O arcebispado de Santiago e os bispados de Lugo e Ourense fixaron xa data para a celebración de misas funeral pola alma do papa emérito Benedicto XVI, falecido o 31 de decembro no Vaticano.

En concreto, na diocese de Lugo adiantarán a celebración, xa que, segundo confirmou o Bispado, está prevista unha misa funeral polo Papa emérito o vindeiro mércores, 4 de xaneiro, ás 17.00 horas, na Catedral de Lugo.

Pola súa banda, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá este sábado, 7 de xaneiro, ás 12.00 horas na Catedral unha misa funeral polo Papa emérito Benedicto XVI. Na mesma xornada, ás 11.30 horas, haberá misa tamén na Catedral Basílica de San Martiño de Ourense.

O Papa Benedicto XVI visitou Galicia o 6 novembro do 2010, coincidindo co Ano Santo Compostelán. "Chegaba como peregrino da fe e testemuña de Cristo resucitado", lembra monseñor Barrio, que apunta que a súa estancia "se fixo corta" pero deixou "un exemplo de sinxeleza" que inspirou "bondade, proximidade e calidez.

O Papa Benedicto XVI en Santiago de Compostela
O Papa Benedicto XVI en Santiago de Compostela | Fonte: Conchi Paz

"As súas intervencións foron luminosas á hora de orientar o noso compromiso cristián. Sabiamos que A súa Santidade nos traería palabras de vida para renovar a nosa esperanza de peregrinos da luz, no camiño cara á gloria", apunta. Benedicto XVI foi o último Papa en visitar Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta