Un proxecto europeo con participación galega buscará reducir os residuos no mar causados pola pesca

Participan 15 institucións de sete países.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/01/2023 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O proxecto de investigación Nettag+, no que participan 15 institucións de sete países europeos, entre os que se atopa a Universidade de Santiago de Compostela (USC), desenvolverá solucións para reducir os residuos causados pola pesca nos océanos.

A zona do Porto de Vigo, a 10 de xaneiro de 2023
A zona do Porto de Vigo, a 10 de xaneiro de 2023 | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press.

A investigación, que está coordinada polo Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, con sede en Matosinhos (Portugal), ten como obxectivos previr, evitar e mitigar o impacto dos aparellos pesqueiros abandonados, perdidos ou descartados sobre o medio mariño.

Para conseguilo conta coa participación e compromiso de entidades pesqueiras a través das cales queren involucrar ao sector na mellora das prácticas e adopción de métodos de pesca máis respectuosos co medio ambiente.

Ademais, busca diminuír o volume de aparellos que acaban danando os océanos ou espazos portuarios e evitar a acumulación de lixo mariño coa mellora de sistemas acústicos de localización de ferramentas pesqueiras.

En último lugar, tratarán de achegar solucións tecnolóxicas para mitigar o dano causado por estes residuos, mediante o uso de sistemas de intelixencia artificial para detectar e eliminar os restos.

Desta maneira, coa combinación das tres iniciativas poderase reducir a presenza de contaminantes químicos e microplásticos que afectan a especies e hábitats mariños. Así como a pesca pantasma, accidental ou posible dano a animais vulnerables ou en perigo de extinción.

O PAPEL DA USC

Segundo trasladou a USC, o equipo galego contará cun financiamiento de 300.000 euros para abordar principalmente catro tarefas que son, estudar o rol dos pescadores como gardiáns dos océanos así como a avaliación dos programas de recollida de residuos nos portos.

Ademais, codiseñarán protocolos de boas prácticas coa industria pesqueira para diminuír estes sedimentos e analizarán os custos económicos derivados da implementación de novas tecnolóxicas orientadas á recollida dos restos mariños.

Finalmente, tamén utilizarán a intelixencia artificial para cocrear diferentes escenarios virtuais de futuro e porán a proba un programa de recompensa para a recollida voluntaria destes residuos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta