Temas: ALUGUER VIVENDA

Cae a oferta de vivendas en aluguer

Redúcese en todas as provincias, agás en Lugo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/01/2023 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A oferta de vivendas en aluguer caeu en toda Galicia no cuarto trimestre de 2022, agás na provincia de Lugo, segundo un estudo publicado por Idealista. A nivel estatal, reduciuse un 17%.

Aluguer de vivenda
Aluguer de vivenda | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

A pesar deste descenso, no seu informe sinala que a caída de stock é inferior á que se rexistrou no terceiro trimestre, cando a oferta se contraeu un 25%.

A maioría de capitais de provincia españolas (32 das 52) teñen agora moitas menos vivendas en aluguer das que había hai un ano. No caso da cidade da Coruña, o descenso é dun 10%; en Lugo, un 3%, en Ourense, un 5% e en Pontevedra, un 6%.

A nivel provincial a situación foi similar no último ano. No caso de Lugo, é en Galicia a única provincia que rexistra un incremento, en concreto do 3%, mentres que na Coruña cae un 5%; en Pontevedra, un 1% e en Ourense, un 3%.

Temas: ALUGUER VIVENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta