O Parlamento reclama axudas á automoción galega: Stellantis Vigo e 200 empresas "penden dun fío"

Instou á Xunta a dirixirse ao Goberno para pedir axudas de máis de 700 millóns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a dirixirse ao Goberno central para reclamar unha axuda directa á automoción galega de máis de 700 millóns, de forma que non sexa inferior ao 23,6% dos fondos destinados ao Perte VEC --que se sitúa en 2.975 millóns en subvencións e préstamos--.

Esta proposta do PPdeG saíu adiante coa abstención da oposición despois de que o grupo maioritario na Cámara non aceptase as súas emendas. Na Comisión de Industria, o deputado popular Moisés Rodríguez defendeu a "urxencia" de pronunciamento claro do Parlamento para que Galicia obteña axudas directas que non sexan "inferiores" ao que reciben comunidades como Cataluña ou Comunidade Valenciana.

E é que o deputado popular tacha de "intolerable" que o Goberno central dea axudas de maneira "discrecional" a outras comunidades "deixando a Galicia fóra". Avisa de que o futuro de Stellantis en Vigo e máis de 200 empresas "penden de fío" ante esta situación de "indefinición" de fondos europeos. Considera "lamentable" o Goberno "non permita" ás comunidades repartir investimentos "mentres a Stellantis dinlle que espere polo segundo Perte".

Pola súa banda, nesta comisión, o PSdeG presentou outra iniciativa, que foi rexeitada polo PPdeG, en instábaa á Xunta a "liderar" a procura de solucións para preparar ao sector de automóbil para o futuro.

Así, o deputado socialista Martín Seco critica que a Xunta "non fai nada", senón que só "esixe ao Goberno do Estado que faga". Acusa o Executivo autonómico de instalarse nunha posición "pseudonacionalista" de reclamar que as autonomías participen na repartición de fondos europeos que son por "concorrencia". E é que Seco censura que cando os populares estiveron no Executivo central "non fixeron absolutamente nada" pola planta de automoción de Vigo.

BNG: XUNTA E ESTADO "SON CULPABLES"

Pola súa banda, María do Carme González Igrexas (BNG) criticou que tanto Estado como Xunta "son culpables" de utilizar os fondos europeos "para lanzarse acusacións" e "escaquearse". "Deixen de usar a automoción na área de Vigo como arma arreboladiza", pide.

E é que censura que a automoción galega está "abandonada polas políticas industriais do Estado", pero tamén reprocha que a Xunta só "fai seguidismo de grandes industrias" debido a que "non hai un plan para a automoción".

Recreación de como quedará a instalación.. STELLANTIS
Recreación de como quedará a instalación.. STELLANTIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta