Galicia pídelle ao Goberno central "concretar" a chegada do AVE ás cidades galegas

Unha iniciativa do PP co apoio do BNG pide baixar o IVE á carne, ao peixe e ás conservas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores, por unanimidade dos grupos, unha iniciativa para instar o Goberno central a que "concrete o cronograma" para a chegada da alta velocidade a todas as cidades galegas e a habilitación dos trens Avril na Comunidade.

Trátase dunha proposición non de lei (PNL) defendida polo PP no pleno desta semana --o primeiro do ano-- e que contou co voto afirmativo da oposición, tanto BNG como PSdeG. De acordo co texto resolutivo da iniciativa, o Lexislativo autonómico reclama ao Goberno central un cronograma para a chegada da alta velocidade ás sete cidades e que "garanta os tempos de viaxe do AVE comprometidos".

Para iso, o Estado debe dotar "inmediatamente" á rede ferroviaria galega dos trens Avril. Así, a PNL aprobada reclama que se "especifique o número e tipo" destes convoys asignados á Comunidade, así como unha "data concreta" para que estean en circulación.

IVE DE PRODUTOS BÁSICOS

Así mesmo, a segunda PNL aprobada este mércores foi outra defendida polo PP para que a Xunta exerza "presión negociadora" ante o Goberno co obxectivo de estender as rebaixas fiscais aos impostos de carnes, peixes e alimentos en conserva.

Esta iniciativa, que contou co 'si' do BNG e a abstención do PSdeG, busca non só declarar estes produtos como "básicos" e "de primeira necesidade", senón tamén "estimular a demanda interna" e mellorar o crecemento económico de ambos os sectores.

Votación unánime do tres grupos (PP, BNG e PSdeG) no Parlamento de Galicia
Votación unánime do tres grupos (PP, BNG e PSdeG) no Parlamento de Galicia | Fonte: Parlamento galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta