Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/01/2023 | Actualizada ás 17:13
Tres persoas resultaron feridas na tarde deste xoves tras producirse un accidente na A-55 ao seu paso pola localidade pontevedresa de Mos. Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 15,30 horas na devandita estrada en dirección Vigo.
Foi un particular e os propios servizos sanitarios os que deron aviso a emerxencias, informando de que tres coches se viron implicados nun choque por alcance á altura da gasolineira Cepsa. Por iso, deuse avisou tamén á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao GES de Mos, aínda que a circulación xa fora restablecida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.