A CIG chama a "potenciar" a dedicación exclusiva dos médicos que traballen na sanidade pública

Piden que os médicos que "se comprometen a traballar en exclusividade para o sistema público sexan retriuídos dunha maneira especial por ese compromiso de non traballar tamén para outra empresa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A CIG-Saúde defende "activamente" e aposta por "potenciar" a dedicación exclusiva dos médicos que traballan no Servizo Galego de Saúde (Sergas), de modo que aqueles que o compatibilizan co sistema privado non poidan cobrar o complemento específico, que rolda os 900 euros brutos mensuais.

O sindicato nacionalista defende esta postura a favor da exclusividade dos facultativos fronte a outros colectivos que reclaman á Consellería de Sanidade unha maior compatibilidade entre os sistemas público e privado. De feito, o sindicato médico O'Mega está en plena rolda de consultas para decidir se convoca unha folga, co complemento específico no foco das súas reivindicacións.

Fronte a esta postura, o secretario nacional de CIG-Saúde, Manuel González Moreira, sinala nun comunicado que está "plenamente xustificado" que os médicos que "se comprometen a traballar en exclusividade para o sistema público sexan retriuídos dunha maneira especial por ese compromiso de non traballar tamén para outra empresa". Moreira insiste en que ese compromiso "contribúe positivamente á calidade do sistema público".

Por unha banda, "permite evitar o potencial conflito de intereses que se orixina cando unha médica ou médico da sanidade pública traballe tamén na sanidade privada", algo que é "especialmente evidente" en caso de postos de xefaturas.

Por outro, tal e como subliña o responsable de CIG-Saúde, potenciar a dedicación exclusiva, que debe retribuírse "adecuadamente", facilita que os sanitarios do Sergas poidan dispor "de máis tempo para a súa actualización profesional".

Polo demais, González Moreira argumenta que nas empresas privadas existen medidas como as que recolle o artigo 21 do Estatuto dos Traballadores, que fala do "pacto de non concorrencia" que impide que unha persoa traballe para outras firmas en base ao principio de evitar a competencia desleal, o que "non se considera discriminatoria a diferenza salarial".

O secretario nacional de CIG-Saúde, Manuel González Moreira, xunto a Lucía Peón e Xavier Alvedro / Europa Press / Europa Press
O secretario nacional de CIG-Saúde, Manuel González Moreira, xunto a Lucía Peón e Xavier Alvedro / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta