Queres vivir o Día dos Medios en Galego nun concerto con Ortiga e Grande Amore?

As entradas son de balde.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/02/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ortiga e Grande Amore serán, este 2023, os protagonistas da celebración do #DíadosMediosenGalego. Unha celebración impulsada pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA) que Galicia celebra cada 7 de febreiro, que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua, ‘O Tío Marcos d’A Portela’ (1876).

Ortiga e Grande Amore en concerto no Día dos Medios en Galego
Ortiga e Grande Amore en concerto no Día dos Medios en Galego | Fonte: Amega

Coa intención de seguir dignificando a nosa lingua, dándolle utilidade, o medio cento de cabeceiras que formamos a AMEGA e mais os máis de 130 medios que comunicamos na nosa lingua, organizamos un minifestival de música galega contemporánea para achegarnos á mocidade do país.

A cita, na que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago, será o xoves 9 de febreiro, a partir das 20:30h na Sala Capitol, cos concertos de Grande Amore e Ortiga. O evento será de balde (cómpre sacar invitación en www.salacapitol.com e en www.ataquilla.com a partir deste xoves 2 de febreiro ás 12:00h) ata c ompletar aforo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta