A Seguridade Social perde 11.525 cotizantes en Galicia durante xaneiro

Con todo gañou 8.784 nos últimos doce meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Seguridade Social perdeu 11.525 cotizantes en Galicia durante o mes de xaneiro, quedándose con 1,03 millóns de afiliados, un 1,11% menos que en decembro, segundo datos publicados este xoves polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, recollidos por Europa Press.

Con todo, nos últimos doce meses a Seguridade Social gañou 8.784 cotizantes en Galicia, un 0,86% máis que en xaneiro de 2022. Por réximes, 806.574 persoas afiliadas en Galicia pertence ao réxime xeral, mentres que 204.964 son autónomos e 19.200 están anotados ao réxime do mar.

Ademais, o Ministerio informou de que os traballadores en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción (ETOP) situáronse ao finalizar xaneiro na comunidade galega en 920.

No conxunto do Estado, a Seguridade Social perdeu unha media de 215.047 cotizantes en xaneiro respecto ao mes anterior (-1,06%) debido ao fin da campaña do Nadal, o que se notou especialmente na hostalaría e o comercio, coa perda de 43.000 e 40.000 ocupados, respectivamente, sempre segundo datos do Ministerio.

Un camareiro enche un vaso de cervexa nun restaurante durante o primeiro día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 26 de febreiro de 2021 / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Un camareiro enche un vaso de cervexa nun restaurante durante o primeiro día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 26 de febreiro de 2021 / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta