Dous novos mortos con covid e 600 contaxiados en Galicia

A área da Coruña rexistra un forte descenso de casos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/02/2023 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus volveron a caer en Galicia este luns e sitúanse en 600, 41 menos que os do último parte, mentres que os hospitalizados experimentaron un repunte, ata 116 (+14). Nas últimas 24 horas detectáronse 23 positivos.

Así o recolle o último boletín publicado pola Consellería de Sanidade e que inclúe os datos da pandemia en Galicia recollidos ata as 18,00 horas do domingo. O anterior boletín facía referencia á tarde do venres, xa que non se actualiza os fins de semana.

Ademais, Sanidade informou de dous novos falecidos con coronavirus: trátase dun home de 99 anos da área sanitaria de Ourense e dunha muller de 91 da área de Santiago. O número total de mortes sitúase nas 4.062.

A maioría das áreas sanitarias galegas experimentaron unha caída no número de casos activos con respecto ao venres, excepto dous: Ferrol e Santiago, na que os enfermos soben en 1.

De feito, Santiago sitúase como a área con máis casos activos, 120, tras a importante caída da Coruña, onde agora hai 113. Así mesmo, en Lugo hai 86 casos activos, 78 en Vigo, 74 en Ourense, 58 en Pontevedra e 51 en Ferrol. En canto aos hospitalizados, mantéñense en Ourense, con 13, e baixan en Pontevedra, ata os 15. O resto de áreas experimentan repuntes: 35 pacientes ingresados na Coruña, 17 en Lugo, 17 en Vigo, 12 en Santiago e 7 en Ferrol.

Dous sanitarios na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo
Dous sanitarios na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta