O PP propón a Costa Pillado, presidente do Consultivo de Galicia, para cubrir a vacante do Constitucional

Pillado foi nomeado a proposta do PPdeG membro do Consello Consultivo en 2008, cando xa era líder da formación en Galicia Alberto Núñez Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia rexistrou no Parlamento galego a súa proposta de candidato a maxistrado do Tribunal Constitucional, José Luís Costa Pillado, que actualmente é o presidente do Consello Consultivo autonómico.

Pillado foi nomeado a proposta do PPdeG membro do Consello Consultivo en 2008, cando xa era líder da formación en Galicia Alberto Núñez Feijóo. En 2014 accedeu ao a Presidencia do órgano que responde as leis autonómicas, cargo que ocupa na actualidade.

O nome de Costa Pillado será, pois, a proposta autonómica para ocupar o cargo que deixou vacante Alfredo Montoya, que saíu do Tribunal Constitucional por motivos de saúde. Fontes populares consultadas por Europa Press confirmaron a intención de que este nome salga adiante, xa que lle corresponde ao PP renovar este posto.

O Senado xa decidiu ata en dúas ocasións ampliar o prazo para que os Parlamentos autonómicos remitisen a súa proposta para ocupar o posto que lle corresponde no Tribunal Constitucional xa que, ata a data, soamente as Cortes de Aragón puxera un nome, o do maxistrado José Ricardo de Prada.

En calquera caso, fontes parlamentarias debullaban a posibilidade de ampliar o prazo máis aló do 14 de febreiro se ningunha cámara autonómica se pon de acordo para enviar ningún candidato, extremo que agora, con toda probabilidade, non será necesario posto que está prevista a aprobación do nome de Costa Pillado na sesión ordinaria do pleno que se celebrará este mércores.

O presidente do Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado
O presidente do Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado | Fonte: Europa Press

PRAZO DE URXENCIA

Non en balde, o rexistro deste nome e a convocatoria para ser aprobado celebrouse de urxencia, sen que ataleste mesmo día transcendese a intención de presentar un nome. Fontes parlamentarias consultadas por Europa Press indicaron que na reunión da Mesa do Parlamento deste luns pola tarde convocouse unha xunta de portavoces de urxencia para este martes ás 9,30 horas.

CURRÍCULO

Natural de Cambados, Costa Pillado é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou por oposición na carreira xudicial, exercendo como xuíz de ingreso nos xulgados de Eivissa e na Estrada, e como xuíz de ascenso en Pontevedra, onde subiu a categoría de maxistrado en 1988, exercendo como tal no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 e no Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

En 2003, foi nomeado maxistrado da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo que desempeñou ata 2008, cando foi nomeado conselleiro do Consello Consultivo de Galicia e, desde 2014, ocupa a Presidencia deste organismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta