A Xunta gastou máis de 1,5 millóns en publicidade para fomentar a natalidade

O Goberno galego acaba de destinar 600.000 euros para contratar unha nova campaña publicitaria de dinamización demográfica de Galicia para 2015.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O fomento da natalidade é un dos obxectivos prioritarios para o Goberno de Feijóo. Non é a primeira vez que o presidente galego recoñece que o país ten un problema de envellecemento e, razón non lle falta, xa que, segundo as estatísticas dentro de dez anos a poboación de máis de 65 anos representará un cuarto da poboación.

Viñeta - Hermanager - Baiza Natalidade
Viñeta - Hermanager - Baiza Natalidade

En abril de 2013 a Xunta aprobou en Consello o Plan de dinamización demográfica para frear o crecemento vexetativo negativo da poboación galega, cunha poboación moi avellentada e onde se segue producindo unha forte emigración da xente máis nova. Sen embargo, a principal medida para erradicar esta situación, a falla de políticas sólidas, é a da publicidade institucional. Un diñeiro que, na maior parte das ocasións, acaba nos bulsos dos grandes medios de comunicación e serve para tapar os seus buracos financieiros.

E é que a Xunta gastou en dous anos máis de 1,5 millóns de euros en campañas publicitarias para fomentar a natalidade. Desde o 2013, destinou 508.132,94 euros, 263.553,72 e 495.867,77 en distintas campañas.  Un diñeiro ao que se suman outros 600.000n euros para contratar unha nova campaña publicitaria de dinamización demográfica para 2015.

Nos contratos adxudicados en 2013 e 2014 a baixa na oferta non chegou nin ao 4%, segundo denuncia a CIG-Autonómica. “Unha cantidade que puidera ter sido adicada directamente a dinamización demográfica mediante a potenciación dos servizos sociais públicos, como por exemplo, as garderías”, indicou.

Por iso, critica este tipo de campañas publicitarias e suliña que os empregados públicos da Xunta preocúpanse por “ver esta clase de gastos nos que se di que se fai ou que se vai facer sen que realmente sexa certo ou que haxa detrás o investimento público necesario para conseguilo”. “Nestes casos, existe unha desproporción evidente entre o que se gasta en publicidade e a inversión real que despois aparece detrás”, engade. Neste sentido, pide que non se detraian máis cartos dos servizos públicos galegos para esta clase de campañas publicitarias “desproporcionadas cuxo único obxectivo resulta ser a autopromoción do goberno da Xunta”.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 D. quixote de Terra chá

Todos critican a concesion de subvencións cando non lles tocan no reparto proque seuramente nonteñen nada "creado" que as mereza. Cando se vive entre asociacións culturais, entidades deportias de aldea, etc. xa se ven as cousas doutro xeito. Como resistirian, logo, todos estes entes se non reciben subvencións? Esa é a resposta que me gustaria atopar aquí. Porque da aportación dos sociso non é posible, logo...de que? Cecais o que se critique é que existan estas cousas no tecido cidadáns? Pero entón que se diga sen medo e con nomes e apelidos autenticos non amparados na impunidade dun seudónimo.

1 Alberte

Paréceme ben investir eses cartos nesta campanha. Hai que folhar máis! Canto máis melhor! Si quitasen os puticlubs folhariase máis. Son ideas para que as tenhan en conta. Pero o que non sei é a onde irían folhar moitos do PP. É que si son fora polos puticlubs estes non se comerían un rosco.

1 El pequeño Nicolás

En el millón y medio no se computa el gasto en puticlubs. Eso queda para los adjudicatarios de obras y servicios públicos, como es sabido. El millón y medio es simplemente subvención encubierta de media amigos. Habría que acabar con tanto despilfarro, empezando con la telegaita y el trinquete de las 666 entidades de la Cosa.