Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 16:39
Un total de 19 municipios galegos das zonas afectadas polo peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama poderán beneficiarse doutro paquete de axudas para o desenvolvemento de proxectos en áreas en proceso de transición enerxética que, nesta ocasión, están dotadas cun orzamento de 40 millóns de euros para o conxunto estatal.
Segundo trasladou este mércores a Delegación do Goberno en Galicia, estes apoios poderán alcanzar os municipios lugueses e coruñeses comprendidos nas dúas zonas de transición enerxética: Cerdeda, Ordes, Carral, Tordoia e A Laracha para a área de Meirama; e As Pontes, A Capela, Xermade, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Vilalba, Cabanas, Ortigueira, Muras e Ferrol para a da térmica das Pontes.
O Consello de Ministros deu luz verde a este novo paquete de axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos empresariais xeradores de emprego en zonas afectadas polo peche de explotacións de carbón, de centrais térmicas de carbón e de centrais nucleares por un importe máximo de 40 millóns de euros.
"Sumamos oportunidades para lestes concellos e para a súa poboación no noso compromiso por unha transición verde xusta para estes territorios", manifestou este mércores o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, que lembrou que a semana pasada foi resolta a convocatoria de axudas a proxectos sociais, ambientais e culturais en concellos destas áreas. Esta liña alcanzou a 14 municipos para impulsar 17 proxectos de interese público con 12,4 millóns de euros de investimento estatal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.