O escape dunha queima sen medidas de seguridade, detrás dun incendio forestal en Ourense

O presunto autor é un home de 70 anos, a primeira persoa investigada como autora dun lume na campaña actual

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 21/02/2023 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica esclareceu un incendio forestal no concello ourensán da Peroxa, que afectou a 0,47 hectáreas e foi provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade.

Tal como informou a Xunta, o lume rexistrouse o pasado xoves, día 16 de febreiro, no lugar de Barra, na parroquia de Graíces e afectou a 0,32 hectáreas de monte raso e a 0,15 hectáreas de superficie de arboredo.

"A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade. Como resultado, tomóuselle declaración a un home de 70 anos como presunto autor", engadiu o Goberno galego.

Nos traballos de extinción participaron un axente, unha brigada e unha motobomba. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 de Ourense en funcións de garda. É a primeira persoa investigada como presunta autora dun lume na campaña actual.

Camións motobombas suministrados por Urovesa á Xunta
Camións motobombas suministrados por Urovesa á Xunta | Fonte: urovesa.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta