As empresas galegas reducen nun 35% as súas vacantes no último trimestre e pechan 2022 cunhas 12.800

Entre o total, 2.127 requirían titulacións vinculadas con ciencia, tecnoloxía e enxeñaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

As empresas galegas pecharon 2022 cun total de 12.807 vacantes de emprego tras un acusado descenso de 6.923 (-35%) no último trimestre, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

E é que as vacantes rozaban as 20.000 no terceiro trimestre, pero rexistraron unha baixada significativa na parte final do ano. Entre o total, 2.127 requirían titulacións vinculadas con ciencia, tecnoloxía e enxeñaría.

A definición de vacante que emprega o IGE é a dun posto remunerado creado recentemente ou non ocupado --ou a piques de quedar libre-- para o cal o empregador toma medidas activas para atopar un candidato e ten intención de cubrir a praza de forma inmediata.

Canto maior é o tamaño da empresa, máis o número de vacantes. O motivo máis indicado como causante de non ter cubertas as vacantes é a falta de persoas con formación adecuada. Pola súa banda, o principal motivo polo que compañías non tiñan vacantes é que "non se necesita a ningunha persoa máis".

Vista Do Estaleiro Barreiras Na Ría De Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo
Vista Do Estaleiro Barreiras Na Ría De Vigo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta