Os encoros galegos rozan o 80% da súa capacidade, case un 30% máis que a media estatal

Supón un 26,3% máis que a estas alturas o ano pasado e 4,42% máis que hai 10 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2023 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse ao 79,3% da súa capacidade, un 0,7% máis que os rexistrados a pasada semana e un 28,6% máis que a media do Estado, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o reto demográfico.

A reserva hídrica galega conta nestes momentos cun total de 2.884 hectómetros cadrados de auga, o que supón un 26,3% máis que a estas alturas o ano pasado e 4,42% máis que hai 10 anos. De maneira detallada, a conca do Miño-Sil ten embalsados 2.324 hectómetros cúbidos de auga, fronte aos 1.556 de hai un ano e os 2.232 de hai unha década.

Pola súa banda, Galicia-Costa, ao 81,9% da súa capacidade, conta con 560 hectómetros de auga recolleitos. Isto supón unha cifra un 26,5% superior ao ano pasado e apenas un 2% máis que hai 10 anos.

A nivel nacional, a reserva hidráulica gañou esta semana 99 hectómetros cúbicos, o que supón o 0,2% da capciadad total. Así, na actualidade os encoros están ao 50,7%, con 28.455 hectómetros cúbicos almacenados. Esta semana as choivas afectado considerablemente á península e a máxima recolleuse en Santander (Cantabria), con 90,4 litros por metro cadrado.

Un grupo de piraguistas nun encoro galego
Un grupo de piraguistas nun encoro galego | Fonte: e

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta