A presión veciñal tomba o proxecto macroeólico que afectaba ás reservas naturais do Xurés

Presentaron máis de 800 alegacións

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2023 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente vén de rexeitar o proxecto de Greenalia para instalar no Monte Grande 12 aeroxeneradores de máis de 180 metros de altura e que afectarían aos concellos de Bande, Verea e Rairiz de Veiga. Fíxoo trala emisión dunha Declaración de Impacto Ambiental Desfavorable

Lagoa GRANDE
Lagoa GRANDE | Fonte: GC

A isto súmase a contestación veciñal, que presentou máis de 800 alegacións a través da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova, que xa comenzou a súa campaña contra o proxecto no 2021. "Foi determinante para parar outro proxecto de Greenalia, despois de que a Administración rexeitara tamén o macropolígono de Lamas de Feás".

Neste caso, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu dous informes nos que incide en que a instalación está dentro da Reserva da Biosfera Gêres-Xurés e afecta a parte da Reserva da Biosfera de Allariz. Advirte, ademais, dos impactos da instalación na Lagoa Grande e en especies terrestres, aves en perigo de extinción e o Plan de xestión do Lobo. 

As alegación de Stop Eólico Xurés Celanova advertían de "fragmentación fraudulenta" dos eólicos previstos na zona así como da ausencia dunha avaliación sinérxica dos impacto. Precisamente, xa organizaran unha marcha en defensa do Monte Grande.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta