O Sindicato de Estudantes e Feminista libres Combativas convocan manifestacións este 8M en Vigo, Ferrol e A Coruña

Tamén a asociación PETRA Maternidades Feministas Galiza sae ás rúas para esixir medidas para unha crianza digna.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/03/2023 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O Sindicato de Estudantes e a Asociación Feminista Libres e Combativas convocan manifestacións de estudantes este mércores 8 de Marzo no marco da Folga Estudantil Feminista convocada polo Sindicato de Estudantes en tódolos institutos e Universidades do Estado.

Manifestación do 8M de 2022 en Santiago
Manifestación do 8M de 2022 en Santiago | Fonte: ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press.

As protestas terán lugar ás 12h en Vigo, Ferrol e A Coruña. Entre os motivos da convocatoria, o aumento das vítimas da violencia de xénero. "Estamos fartas de que, a pesar das leis e das declaracións do Goberno estatal do PSOE-UP, a violencia contra as mulleres non cese", critican.

"Pode parecer contraditorio que esta escalada de asasinatos se produza cando máis leis

feministas se están a tramitar. Pero non o é. Para acabar co machismo non abonda con denunciar a súa existencia ou simplemente modificar a lexislación. Hai que ir á raíz do problema, a opresión económica, ideolóxica e de xénero que provoca o capitalismo,e enfrontarse á extrema dereita, á Igrexa católica e aos franquistas que infestan as institucións", indican nun comunicado.

Tamén a asociación PETRA Maternidades Feministas Galiza sae ás rúas para esixir medidas para unha crianza digna.  "Este 8 de marzo as nais feministas volvemos saír ás rúas para visibilizar as nosas maternidades e esixir unha crianza digna. Unha maternidade libre e elixida, que hoxe é posible grazas á loita feminista pola anticoncepción e o dereito ao aborto libre, gratuíto e seguro", indica nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta