Reclamacións de Xustiza

O 30 de marzo de 2022, hai un ano, na reunión da Comisión Mixta de Xustiza, Xunta-Estado, que encabezaba o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, solicitaban ou reclamaban a creación de sete novos xulgados en Galicia.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 06/03/2023

Comparte esta noticia
Tamén a creación dunha praza de maxistrado na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña e outra na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra, ademais dun xuíz de adscrición territorial (JAT) para a provincia de Ourense. E talvez necesítanse aínda  máis xulgados  en certos territorios de Galicia. 
 
Tamén se debe lembrar que en decembro do ano 2022, fai tres meses, a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, solicitaba ou reclamaba  ao goberno de España que se creasen  urxentemente 32 novos xulgado do social en Andalucía, Cataluña, Madrid e Valencia.  A modo de exemplo  hai un ano, en febreiro do ano 2022,  o decano do Colexio de Avogados de Toledo solicitaba  máis xulgados de Primeira Instancia e máis órganos de Instrución porque eran poucos para o volume de actividade nesa provincia. Tamén o día 1 de febreiro do ano 2022 CSIF de Andalucía sinalaba que como mínimo se necesitan 50 novos xulgados en Andalucía. En certos territorios de Galicia tamén se necesitan máis xulgados. 
 
Alá polo ano 2014 avogados e procuradores da quenda de oficio de Madrid baixo a bandeira de “non somos escravos”, protestaban contra o  Proxecto de Lei Xustiza Gratuíta.   (O de “non  somos escravos” é para poñerse a reflexionar).  Solicitaban ou reclamaban retribucións acordes ao traballo.  En novembro de 2022, fai seis meses,   os avogados e procuradores da quenda de oficio  de Sevilla  pedían  unha mellora das súas condicións e foron ao Congreso dos deputados para reunirse cos do PSOE e PP. (Non me pregunten para que). Talvez os avogados e procuradores cobran pouco polos servizos  da quenda de oficio en Andalucía. Talvez en Galicia tamén. 
 
Todo o anterior é para lembrar que talvez se necesitan máis Xulgados en España e en Galicia. Tamén, talvez,  os Letrados da quenda de oficio, e os Letrados da Administración de Xustiza  (LAJ) teñen as súas reclamacións salariais.  Tamén pode ser posible que se non se presiona ao Réxime e ao goberno de quenda nada cambie…O Réxime político non sente timidez polas súas desvergoñas, corruptelas, malgasto,  e mal facer.  
 
O máis asombroso ou espectacular, é ver como desde a facción política do goberno criminalízase  o exercicio do dereito á folga. Xa sexan traballadores, gandeiros, taxistas, camioneiros, etc, a todos criminalízanos. E é normal que o fagan e con esa saña, xa que  os liberais odian instintivamente o dereito á folga.  
 
É histórico  asistir a tal retroceso político reaccionario. 

Xulgados de Cambados
Xulgados de Cambados
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA