Por E.P. | Ourense | 07/03/2023 | Actualizada ás 17:25
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo este martes un encontro coa alcaldesa de Lobios (Ourense), Carmen Yáñez, para analizar posibles localizacións de cara a implantar unha nova base de Unidade Operativa nesta localidade.
Tal como indicou a Xunta nun comunicado, o obxectivo é reforzar a loita contra os incendios na contorna do Parque Nacional Baixa Limia-Serra do Xurés.
Estas instalacións sumaranse a outras que xa está a impulsar ou avaliando a Consellería do Medio Rural nesta zona, como a base que se empezará a construír en Muiños este mes de marzo ou as melloras proxectadas en Bande.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.