O Sergas notifica un novo falecemento con covid e un repunte de casos activos

O falecido, un home de 89 anos, tiña patoloxías previas

Por E.P. | Galicia | 09/03/2023 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este xoves o falecemento dun home de 89 anos, da área sanitaria da Coruña-Cee, que morreu o martes diagnosticado de covid-19 pero que xa contaba con patoloxías previas. Con el, a listaxe de vítimas que deixa a pandemia en Galicia elévase a 4.083.

De acordo con datos feitos públicos polo Sergas, actualizados ata as 18,00 do mércores, os casos activos de covid repuntaron nos últimos días ata situarse nos 1.122, que son 81 máis que os que había fai un día e 136 máis que fai dous.

Por áreas sanitarias, a da Coruña-Cee contabiliza 234 pacientes covid, seguida da de Santiago-Barbanza con 207 e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras con 194. A de Vigo conta con 164 casos activos, a de Pontevedra-O Salnés 118, a de Lugo-A Mariña-Monforte 117 e a de Ferrol 88.

En canto aos hospitalizados, o Sergas contabiliza un total de 168, dez máis que 24 horas atrás. De todos eles, hai 163 en planta e cinco en unidades de coidados intensivos (UCI).

Vacina contra a covid-19
Vacina contra a covid-19 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta