Por Europa Press / Redacción | Galicia | 16/03/2023 | Actualizada ás 12:21
O colectivo estudantil 'Erguer' anunciou a convocatoria dunha folga, o próximo 25 de abril, en todos os niveis de ensino ante o "constante avance privatizador" da educación. Durante a presentación da campaña, o responsable nacional de Erguer Galicia, Artai Gavilanes, trasladou que os estudantes están "ao límite" tras sufrir durante anos unhas reformas de educación que lles prexudican e diminúe o seu nivel".
Segundo manifestaron este xoves, na educación media "se perpetua o sistema elitista que favorece aos centros concertados e privados, afasta aos estudantes da lingua galega e limita o pensamento crítico".
Nesta liña, criticaron o fomento da Formación Profesional Dual, que consideran, "unha forma encuberta de privatizar os graos de FP, creada para xerar man de obra cada vez máis barata e retroceder en dereitos para os estudantes de prácticas".
Ademais, sobre a Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), criticaron que crea unha universidade "antidemocrática, permite a intromisión da empresa privada nunha entidade pública, e deixa fóra cuestións como a lingua, prácticas remuneradas ou o acceso á universidade, nun contexto de crise e precariedade".
Con todo, engadiron que faltan medidas que garantan o dereito efectivo á educación, entre elas, ofertar máis prazas en residencias públicas, aumentar o número de bolsas para o estudiantado que sexan capaces de cubrir as súas necesidades e pór fin ás taxas universitarias.
LEI GALEGA DE EDUCACIÓN
Erguer sentenciou que a única solución é apostar por unha lei galega de educación, deseñada pola comunidade educativa galega, para construír así un modelo distinto pensado para os estudantes. Desta maneira, engadiron que é necesario recuperar a capacidade de mobilización dos estudantes para dar unha resposta colectiva e saír en defensa da educación pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.