A Xunta defende que os plans locais de saúde "facilitan" o novo modelo de Primaria

Actualmente existen 43 plans locais de saúde

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 16/03/2023 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, compareceu este xoves na comisión sanitaria do Parlamento, onde defendeu que os plans locais de saúde son "instrumentis vivos, abertos e participativos" que "facilitan" o desenvolvemento do novo modelo de Atención Primaria.

Actualmente o Sergas conta con 43 plans locais de saúde, que alcanzan o 30% de todos os servizos de atención primaria, e o obxectivo da Xunta é "poder beneficiar á cidadanía dos 313 concellos".

Cada plan, explicou, inclúe un conxunto de accións definido por parte dos responsables dos servizos de atención primaria. Ademais, a xerencia de cada área sanitaria adquire un compromiso para facilitar o logro dos obxectivos propostos.

Da avaliación dos resultados obtidos nos 14 primeiros servizos de primaria que asinaron o seu plan local para o período 2022-2025, a directora destacou, entre outras, as alcanzadas polo servizo de atención primaria de Teo, pola súa capacidade resolutiva "tendo en conta a baixa porcentaxe de ingresos hospitalarios e urxencias dos pacientes".

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares
A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares | Fonte: XUNTA

Tamén puxo en valor o da Estrada, pola súa capacidade organizativa e asistencial; o das Pontes, pola atención domiciliaria aos pacientes inmobilizados; o de Caranza, polo elevado número de actividades comunitarias realizadas; e o de Vilalba, pola súa xestión de pacientes crónicos complexos;

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta