Falecen dous dos catro feridos no atropelo múltiple de Vilaboa

Polo momento descoñécense as causas do sinistro, aínda que fontes de Emerxencias apuntaron que puido deberse a unha equivocación no uso dos pedais do coche. O conductor dá negativo na proba de alcolemia

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 17/03/2023 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Dúas das catro persoas que resultaron feridas nun atropelo múltiple en Vilaboa (Pontevedra), ao saírse da vía un coche e irromper na terraza dun bar, morreron tras ser evacuados ao hospital en estado grave.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

En concreto, os falecidos son un home de 79 anos (L.R.C.) e outro de 67 (A.D.B.), segundo informan a Europa Press fontes da Garda Civil, que confirman que o condutor do vehículo implicado deu negativo na proba de alcolemia. Os outros dous feridos foron de carácter máis leve.

Segundo informaron a Europa Press fontes do CIAE 112 Galicia e da Garda Civil, o accidente produciuse sobre as 17,00 horas deste venres, no punto quilométrico 0 da N-554.

Un vehículo saíu da calzada e chocou contra as mesas do bar Chancho, en Santa Cristina de Cobres, resultando feridas varias persoas (catro, segundo a Garda Civil) e, polo menos una delas, grave.

Polo momento descoñécense as causas do sinistro, aínda que fontes de Emerxencias apuntaron que puido deberse a unha equivocación no uso dos pedais do coche.

O 112 deu aviso do ocorrido a Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Soutomaior e Bombeiros do Morrazo, así como aos servizos de mantemento da vía. Pola súa banda, Urxencias Sanitarias 061 mobilizou tres ambulancias, unha delas de soporte vital avanzado, e xa foi evacuada as persoas ferida máis grave.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta