36 referencias da D.O. Valdeorras danse a coñecer en Alemaña

15 adegas da comarca enviaron mostras dos seus viños para que poidan ser degustados en Prowein, feira internacional de viños e bebidas espirituosas que se está a celebrar en Düsseldorf do 19 ao 21 de marzo.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 21/03/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A edición 2023 de Prowein, unha das feiras vinícolas máis relevantes do continente europeo, abriu as súas portas este domingo, 19 de marzo. Como en convocatorias anteriores, os viños de Valdeorras están a ter un papel protagonista no espazo expositor propio que o Consello Regulador da D.O. Valdeorras posúe no recinto feiral. Un total de 15 adegasdo territorio presentarán os seus brancos e tintos para que poidan ser degustados por todos aqueles que visiten Prowein ata o día 21 deste mes.

Espazo expositor da D.O. Valdeorras en Prowein (Düsseldorf). Foto: CRDO Valdeorras.
Espazo expositor da D.O. Valdeorras en Prowein (Düsseldorf). Foto: CRDO Valdeorras.

Ata 36 referencias distintas do noso territorio amparado danse a coñecer este ano en Alemaña co obxectivo de conquistar novos nichos e segmentos de mercado. A representación, tanto en número de adegas como en viños, é maior que outros anos, o que evidencia o interese crecente do sector vitivinícola de Valdeorras por participar no calendario de accións promocionais que planifica o Consello Regulador.

Das variedades de Valdeorras presentes en Prowein 2023, primarán godellos e mencías das seguintes adegas:

Barón do Sil, S.L.

Viña Costeira, S.C.G.

Bodega Joaquín Rebolledo, S.A.

Adega Alán, S.A.T.

Adega Quinta da Peza, S.L.

Arnadoval, S.L.

Terriña, S.L.

Hacienda Ucediños, S.L.

Adegas Terrae, S.L.

Bodega Godeval, S.L.

Adega A Coroa, S.A.T.

Bodega Roandi, S.L.

Bodega Santa Marta, S.A.T.

Adega O Casal, S.A.T.

Bodega Sampayolo, S.L.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta