Ourense ten "unha anomalía democrática" como única capital de provincia gobernada por tres concelleiros di o PSdeG

O candidato á alcaldía, Francisco Rodríguez, resaltou a motivación do Comité Electoral da cidade "por traballar día a día para trasladar as súas propostas á cidadanía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2023 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, reivindicou este xoves ao candidato socialista á Alcaldía, o exregidor Francisco Rodríguez, como "o único" aspirante capaz de levar o cambio á cidade de Ourense. Lage desprazouse este xoves á cidade das Burgas para participar nunha reunión do Comité Electoral da cidade, presidido pola secretaria local, Natalia González Beneítez.

No acto, Lage defendeu que o obxectivo principal é devolver Ourense "á Champions League das cidades galegas", algo para o que o PSdeG "pon aos mellores xogadores no terreo de xogo" porque, sinalou, Ourense "sofre unha anomalía democrática" por ser a única capital de provincia en toda España gobernada por tan só tres concelleiros.

Para reverter tal situación, asegurou que o Partido Socialsita configurou "a mellor candidatura posible", que pasa por Francisco Rodríguez como alcalde xa que "é o único candidato que pode traer o cambio á cidade" tendo en conta que "o Partido Popular está situado desde o 2019 no paquete de Jácome".

Así, expuxo que existe "unha dinámica de cambio" na cidade e que "non pode vir da man do PP", lembrando que gobernaron en coalición con Pérez Jácome e entre 2015 e 2019 gobernaban en solitario. "O cambio pasa por botar ao Partido Popular do goberno local", aseverou.

Deste xeito, defendeu a Francisco Rodríguez como o candidato que lle dará a Ourense "un futuro mellor", enxalzando que "liderou o último goberno municipal que lle deu á cidade un proxecto serio".

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Francisco Rodríguez, resaltou a motivación do Comité Electoral da cidade "por traballar día a día para trasladar as súas propostas á cidadanía", e prometeu que "o cambio" será para "evitar seguir perdendo o tempo como no últimos oito anos", coa intención de "recuperar a autoestima e a dignidade institucional que leve a Ourense ao lugar que lle corresponde".

"PEONADAS" NA SANIDADE

No acto, José Manuel Lage referiuse á situación sanitaria galega e cualificou de "ridícula" a decisión da Xunta de Galicia de darlle un plus de 700 euros ao ano aos médicos por facer horas extras. Tachou tal proposta de "peonada" coa que elGobierno galego "volve ás receitas do fraguismo".

"Están a dar paus de cego constantemente", afeou para apostilar que a sanidade "é o buraco negro de Rueda como presidente", sinalando, ademais, que manter os equipos directivos do anterior goberno de Núñez Feijóo "está a custarlle moito diñeiro a todos os galegos".

Así pois, emprazou a deixar de facer este tipo de medidas de urxencia "que non solucionan o problema de fondo" e pediu que se atendan "as propostas socialistas de ter máis investimento e máis persoal".

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, participa nunha reunión do comité electoral da cidade de Ourense. PSDEG
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, participa nunha reunión do comité electoral da cidade de Ourense. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ourense certamente debe ter unha enorme "anomalía democrática" cando o partido máis votado non foi quen de chegar a ningures para quitar do medio a eses tres concelleiros (?) Agora resulta que o alcalde das Torres do Miño vai regresar para "salvar Ourense" mentras o tal Villarino seica vai para o barrio obreiro de San Cibrao ? Anomalía é a que teñen algúns que se chaman demócratas, coma o alcalde de Vigo https://www.galiciaconfidencial.com...