Vázquez responde á RAG: “O problema da lingua non pode levarse á política”

O conselleiro de Educación e Cultura avoga por un plan do idioma galego "máis aló" do ámbito educativo e amosa a súa "colaboración cento por cento" coa Real Academia Galega.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/02/2015 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O aínda conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, respondeu este luns ao manifesto que o pasado venres presentou a Real Academia Galega (RAG) en defensa do idioma.  “O problema da lingua non se debe levar ao ámbito político", dixo, ao tempo que recoñeceu que comparte coa academia algúns dos seus temores.

Pilar Rojo, Núñez Feijóo, Alonso Montero con algúns académicos da RAG e o conselleiro de Cultura
Pilar Rojo, Núñez Feijóo, Alonso Montero con algúns académicos da RAG e o conselleiro de Cultura | Fonte: RAG

Así, asegurou que comparte "na súa inmensa maioría" o diagnóstico que fai a Real Academia Galega sobre a situación do galego, mostrouse "positivo", e sinalou que iso "non pode ser impedimento para ese diálogo".

Por iso,  manifestou que espera celebrar unha reunión coa RAG "nas próximas semanas" para tratar de articular un plan, "da man da sociedade”. O obxectivo, dixo, é "presentar un plan que vaia moito máis alá do propio sistema educativo", para que vaia "máis aló e trate de comprender o que pasa noutros ámbitos".

Para iso, mostrou a súa "colaboración cento por cento coa RAG" a fin de "traballar conxuntamente", e insistiu en que "non é un problema do modelo educativo senón que traspasa o modelo".  "As últimas estatísticas, e así vén manifestando é que o decreto contribuíu nun maior plurilingüismo, iso foi o que presentamos como programa en 2009 e en 2013 a sociedade volveu apostar por ese modelo", engadiu.

En todo caso, defendeu a política que se iniciou cos gobernos de Feijóo e dixo que se deron "pasos significativos" respecto da lingua galega. Neste sentido, apuntou que o problema do idioma non é de agora e lembrou que a perda de falantes galegos "prodúcese de forma moi elevada entre 2003 e 2008", ano desde o cal houbo un "punto de inflexión", momento en que dita cifra "redúcese e estabiliza".

En relación co elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que advirte do descenso na última década do número de nenos que falan galego, sinalou que existen "puntos de inflexión" e "un incremento de poboación en canto a comprensión oral e escrita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

8 Galiñol power

Claro, ho: o galego nom se pode levar à política... porque já o metestes vós bem nela! E já sobre as parva.das dos inúteis e a.normais da RAG prefiro nom comentar..

7 El pequeño Nicolás

¡Cómo está el patio, cómo está el patio! Esto apesta a totalitarios, se lo voy a decir a mis ex abogados para que vean si pillan algo por aquí y a cambio me perdonan sus honorarios. Me ghustó lo de Galehausen, un verdadeiro hallazgho. Pero si ponen al frente a los de por aquí, seghuro que deseghido empieza el alboroto: que si se ha de reeducar en gallego, que si en castrapo, que si en galizo, que si en portugués, que si en lusista, que si en lusogal... Y después habrá que ponerlos de acuerdo en la cuantía y reparto de axudinhas, que eso también va por capillitas en esta cofradía.

1 canso de tontos

Pra axudiñas xa esta o castelan.

6 Hermo

Hai algún "Pilingui" que teima en deixarlle por herdanza aos fillos os seus complexos lingüísticos e a súa intolerancia disfrazada de "libertad". Gústelles ou non, pertencemos a unha sociedade e decidimos colectivamente. A intolerancia é a que nos leva a non repetar a quen pensa diferente, e a non aceptar que determinadas decisións son colectivas e non individuais.

5 GZ sempre

o problema é que os galegos non esigimos a nosa língua, porque se para calquera servicio nos chantáramos erre que erre que non nos movemos se non nolo dan (simplesmentes o mesmo ca o castelhano), tiraríamos abaixo có nacionalismo espanhol, pero claro, temos máis que facer, e os nacionalistas espanhois tenhen un estado detrás e a práctica totalidade dos mídia...

1 Haya Paz

Me temo que todavía no te has enterado de que aquí hay dos lenguas nuestras y que ambas son igual de dignas porque sirven las necesidades de comunicación de sus hablantes, que es para lo que valen las lenguas. Y ambas son producto de la colonización romana y por tanto no originarias de Galicia. Recapacita, meu filliño, que vas por un camino radical que sólo te traerá problemas en la vida.

2 Háblame_gashego

GZ sempre, e que estes de Galicia Bilingüe non entenden o que perden. Aparte de perder un idioma mais vello e propio que o castelán, queren que se perdan todolos postos de traballo dos servicios de atención telefónica locais que foron a Sudamérica. Nefastos, sonche nefastos ata para España. Por certo, eu xamáis falo outro idioma que o galego con eles, a ver se así "Atento" e outras filiais de telefónica que creaban emprego en Galiza se decatan de que non somos tan doados de "expropiar".

4 Bonmatuit

Dicídelle a Glory Lake que non ceibe as dúas monas troll que ten tan cedo que me estragan o almorzo :)

1 Haya Paz

Es reduccionista pensar que todas las opiniones discrepantes de la tuya sean de Galicia Bilingüe, o que lo que defiende esa asociación no sea tan legítimo como lo que defiendes tú. Yo estimo que parte de los problemas que están provocando la desaparición del gallego se deben a la utilización del mismo como arma política y a la actitud de personas como tú, que no saben el daño que le están haciendo a lo que tanto dicen querer. Los idiomas son para comunicarse y no para ser utilizados agresivamente.

2 Metropolis

Craro home mentras a defensa do galego o que fai e axudar a sua desaparición, a defensa do castelan e o reves e o que fai e fomentalo algún tedes unha vision da realidade un tanto curiosa.

3 GZ sempre

o que quere dicir o Haya Paz é que para os nacionalistas espanhois a defesa do galego dalhes nojo e pónhense inda máis na contra, si é que é posibel