A unidade contra a violencia de xénero de Ferrol protexeu a 86 mulleres e 22 menores

O 70 % dos agresores tiñan entre 31 e 60 anos

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 29/03/2023 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A unidade de loita contra a violencia de xénero da Policía Local de Ferrol protexeu durante o último ano a un total 86 mulleres e 22 nenos co programa VioGen, encargado de facer un seguimento integral destes casos mediante o acompañamento, información e custodia das vítimas.

O concelleiro de Seguridade do Concello de Ferrol, Germán Costoya, deu conta este mércores do balance anual desta unidade de loita contra a violencia de xénero. Revelou que das 88 mulleres ás que atende o programa, 47 xa se asignaron en 2021 e que 31 foron incluídas ao longo do pasado ano.

Vehículos da Policía Local
Vehículos da Policía Local | Fonte: EP

Así mesmo, segundo os últimos datos rexistrados o 31 de decembro de 2022, son 55 as mulleres que aínda reciben seguimento por parte dos axentes da policía ferrolá. Viogen, iniciativa da que Ferrol forma parte desde o 2021, encárgase de facer un seguimento integral dos casos de violencia de xénero que se reportan na cidade.


DATOS DEMOGRÁFICOS DE AGRESORES E VÍTIMAS

Os datos facilitados polas autoridades demostran que en 2022 un terzo dos agresores tiñan entre 41 e 50 anos e que o 70% atópanse entre os 31 e os 60 anos. No caso das mulleres, o groso das vítimas teñen entre 31 e 50 anos, coa franxa de idade comprendida entre os 41 e 50 anos, como a maioritaria. Do total, só o 13% dos agresores eran estranxeiros, mentres que a porcentaxe de vítimas non nadas en España ascende ata o 24%.

En relación aos menores, esta unidade intervén cando se percibe que estes poden estar nunha posición de vulnerabilidade e desprotección, con carencias nas súas necesidades básicas ou en risco de sufrir danos severos respecto da súa saúde ou integridade. Nese marco, os datos do programa revelan que case a metade dos menores que tiveron que ser atendidos o pasado ano, 22 en total, tiñan entre 5 e 14 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta