Santiago aproba implantar políticas de economía social con contratos reservados para centros especiais de emprego

A proposta saíu do concelleiro non adscrito Javier Fernández que antes formara parte do Goberno local compostelán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2023 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago deu luz verde á proposición presentada polo concelleiro non adscrito -- antes parte do Goberno local socialista --, Javier Fernández, para a implantación de políticas a favor da economía social coa reserva legal do 10% para contratos cos centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción.

A proposición saíu a favor cos votos dos grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e o Partido Partido Popular. Pola súa banda, os socialistas abstivéronse na votación. Na súa intervención, Fernández apuntou a "falta de implicación" por parte do goberno local neste ámbito e indicou que o alcalde "nunca foi consciente do labor dos centros especiais de emprego".

Nesta liña, o concelleiro non adscrito resaltou "o impacto" destes centros na economía e destacou que "piden carga de traballo para que as persoas que están neles vexan que poden ser útiles para a sociedade".

O PSDEG ABSTENSE

O grupo municipal do PSdeG abstívose na votación desta proposta. En palabras do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, "votouse a favor coa emenda do PP". A encargada de defender a posición dos socialistas foi a concelleira de Facenda, Marta Abal, explicou que o goberno local "está comprometido" cos centros especiais de emprego, pero que "non se pode reservar o 10% do total do gasto corrente".

Abal sinalou que o total do gasto corrente "está ao redor dos 54 millóns de euros e hai que ser realistas". Con todo, recoñeceu que a contratación do concello de centros especiais de emprego "está preto do 10%", pero que "hai que ir máis aló".

POSICIÓN DOS GRUPOS

A concelleira do BNG, Navia Rivas, apuntou que se trata dunha medida "necesaria", na liña "de ter unha economía social real que atenda a unha inclusión de verdade". Así, recalcou que do que se trata é de "introducir melloras aos centros social de emprego e de iniciativa social e que os beneficios revertan nos propios centros".

Nesta liña, a concelleira de Compostela Aberta, Marta Lois, sinalou a importancia de "dar maior apoio á economía social" e apuntou que "é un argumento de dignidade e de autonomía, así como unha obrigación para as administracións". Deste xeito, o concelleiro do PP, Ramón de Jesús Quiroga, puntualizou que a proposta "necesita algún matiz de carácter técnico", pero indicou que "é importante".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, este luns en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, este luns en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta