Así contaminan os antibióticos animais ás terras agrarias

Investigadores do Campus Terra da USC investigarán os seus efectos e o emprego de subprodutos como cuncha de mexillón ou cinzas para controlar a contaminación

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/03/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Investigadores do grupo Unidade Xestión Ambiental e Forestal Sostible do Campus Terra da USC estudan os efectos ambientais que pode provocar a contaminación derivada do uso de antibióticos ionóforos, uns fármacos moi tóxicos para os humanos e que só se usan en veterinaria, chegando a liberarse por feces e ouriños ata un 90% do composto administrado. 

Esperanza Álvarez, no centro, con investigadores do grupo Uxafores, nun laboratorio da EPS de Enxeñaría da USC
Esperanza Álvarez, no centro, con investigadores do grupo Uxafores, nun laboratorio da EPS de Enxeñaría da USC | Fonte: USC

Así, acaba na fosa dos xurros e chega o solo mediante a aplicación destos residuos como fertilizantes, podendo acadar posteriormente as augas e cultivos. Nesta liña, os antibióticos ionóforos usados en produción animal acaban concentrados nos xurros, que logo se empregan en áreas de cultivo, relata Álvarez. O proxecto ten un período de execución de tres anos, segundo indica a coordinadora e investigadora principal do proxecto, Esperanza Álvarez.

O obxectivo pasa por facer un diagnóstico sobre a presenza destes contaminantes emerxentes en xurros, solos e cultivo, estudar o seu comportamento no solo (degradación, retención), o efecto sobre os microgroorganismos e propoñer medidas de control para evitar o seu paso á cadea trófica utilizando subproductos da industria forestal (cinzas de combustión de madeira, corteza de piñeiro) e agroalimentaria (cuncha de mexillón) que actúen como bioadsorbentes destes fármacos.

Álvarez indicou que a primeira fase deste proxecto centrarase na análise de xurros, solos e diferentes cultivos de diferentes comarcas de Galicia de gandería e agricultura intensiva para coñecer o grao de concentración por este tipo de substancias, así como para determinar os efectos negativos sobre a actividade microbiana do solo.

Unha vez recompilados estes datos respecto das propiedades e do comportamento dos solos, os investigadores comprobarán se algúns materiais residuais/subproductos tales como cuncha de mexillón, cortiza de piñeiro ou cinzas de biomasa, poden actuar como bioadsorbentes e controlar a contaminación derivada dos antibióticos ionóforos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta