O PSdeG pedirá no Parlamento que material doado ao SERGAS non se poda ceder a entidades privadas

Os socialistas galegos consideran de "surrealista" a cesión dunha tecnoloxía contra o cancro que no seu día foi unha doazón da Fundación Amancio Ortega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2023 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia pedirá na Cámara galega instar á Xunta a determinar os criterios de destino das doazóns de material ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para que todas teñan repercusión directa no propio sistema público de forma que non poidan utilizarse para beneficio privado externo.

Así figura nunha proposición non de lei para o seu debate en pleno rexistrada o pasado 22 de marzo na Cámara galega, á que tivo acceso Europa Press, e que asinan os deputados Julio Torrado, Begoña Rodríguez Rumbo e Marina Ortega.

Na iniciativa, os socialistas sinalan que o Consello de Contas evidenciou nun informe un problema sinalado de xestión da sanidade pública de Galicia por derivar a un centro privado unha tecnoloxía sanitaria doada pola Fundación Amancio Ortega para o tratamento de cancro no sistema público.

"Esta doazón, que é unha boa noticia para o sistema de saúde por aumentar a súa capacidade para tratamentos oncolóxicos, incluíu diversos aparatajes que foron destinados a centros sanitarios de Galicia. Entre eles, sendo esta unha doazón ao Sergas, está unha clínica privada da Coruña, o centro oncolóxico de Galicia", sinalan os socialistas, que precisan que este traballa "en parte concesionado co sistema público e, en parte, cos seus clientes privados".

O PSdeG explica que esta tecnoloxía foi utilizada pola clínica para dar servizo tanto aos usuarios derivados do sistema público como aos seus propios pacientes pola vía privada. "A realidade é que o Goberno de Galicia destinou unha tecnoloxía de moito valor a unha clínica privada que obtén beneficio propio dela e que, despois, cobra ao propio Goberno galego pola derivación de pacientes para os que usa esa mesma maquinaria", censura a formación socialista, que cualifica de "surrealista" esta situación.

O socialista Julio Torrado
O socialista Julio Torrado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta