Rueda critica a Besteiro por querer participar en mítines: "ten unha ansia especial por estar en moitos actos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que aprecia unha "ansia especial" do actual delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Besteiro, por participar "en moitos actos de todo tipo" na súa "faceta" como membro do Partido Socialista.

A preguntas dos xornalistas este xoves tras o Consello da Xunta, Rueda manifestou que Besteiro é "coñecido" por prodigarse neste tipo de actos políticos. "Son as súas estratexias e son eles quen as deciden", apuntou o presidente e líder do PP galego en alusión á decisión do dirixente socialista de participar en mítines a título persoal para o 28M.

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro
O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro | Fonte: M. DYLAN - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta