Galicia volve baixar dos mil casos covid diarios

O último falecemetno foi o dunha muller de 87 anos o pasado 20 de abril.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/04/2023 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 965, deles 176 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 149 da de Ourense, 100 da de Pontevedra, 161 da área de Vigo, 164 da de Santiago e 87 da de Ferrol.

Unha nena recibe unha dose da vacina contra o Covid-19
Unha nena recibe unha dose da vacina contra o Covid-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Do total de pacientes positivos, 7 están na UCI, 143 en unidades de hospitalización e 815 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 693.517 persoas curadas, rexistrándose 4.126 falecementos.  

O último falecemento rexistrado por coronavirus foi o día 20 de abril. Trátase dunha muller de 87 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza. A persoa falecida tiña patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta