O Sergas comezará este venres a chamar a 2.287 aspirantes admitidos para as listas de varias categorías

O 18,62% foron inscricións novas feitas despois da data límite de presentación do anterior proceso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2023 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Un total de 2.287 persoas compoñen as listas para a cobertura temporal de varias categorías dentro do Servizo Galego de Saúde, que empezará a usar esta relación para os seus chamamentos a partir deste venres 5 de maio.

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a lista definitivacon a orde e puntuación dos 2.287 admitidos, dos cales, o 18,62% foron inscricións novas feitas despois da data límite de presentación do anterior proceso.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, desta relación sairán os nomes para cubrir a partir deste venres distintas prazas de categorías de licenciado en atención hospitalaria, médico de admisión e documentación clínica, médico de hospitalización a domicilio e técnico de saúde de atención primaria.

En total, foron admitidos 1.991 facultativos especialistas de área (anestesia, traumatología, ginecología, otorrino, etc.), 50 en médico de admisión e documentación clínica, 97 en médico de hospitalización a domicilio e 149 en técnico de saúde de atención primaria.

Algunhas das categorías son compatibles entre si, polo que algúns aspirantes están inscritos en varios. Respecto ao anterior ciclo son 370 novas inscricións en facultativos especialistas de área, 13 en médico de admisión e documentación clínica, 32 en médico de hospitalización a domicilio e 19 en técnico de saúde de atención primaria.

Acceso á nova área de Urxencias Pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Acceso á nova área de Urxencias Pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: SERGAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta