Alertan de erros en cinco de cada dez borradores da declaración da renda

Xestores administrativos de Galicia advirtne que "se nunha revisión descobren fallos, o responsable será sempre o contribuínte".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Colexio de Xestores Administrativos de Galicia alertou de erros en cinco de cada dez borradores da declaración da renda polo que insta a revisar con "moita atención" o documento antes de asinalo.

"Pois se nunha revisión descobren fallos, o responsable será sempre o contribuínte", sinalan desde a entidade que alertan do "medo e inseguridade" en contribuíntes sen competencias dixitais ante a realización do IRPF por vía telemática.

Así mesmo, subliñan que "tentar emendar unha declaración unha vez transcorrido o prazo da campaña da Renda ten recargas se o IRPF sae a pagar, que poderían alcanzar ata o 20% se transcurriu hai un ano".

Oficina da Axencia Tributaria
Oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Marta Fernández Jara - Europa Press - Arquivo

Por outra banda, lembran que este ano a tarifa autonómica varía pasando de sete tramos a cinco. "Ademais, redúcese un 4,1 no tres primeiros tramos da renda para evitar que esa subida de salario que non é real (vai ligada ao custo da vida) non afecte o pago de impostos", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta