Acordo entre Xunta e Gadis para promover o galego entre a mocidade en plataformas dixitais

Esta colaboración entre a Administración autonómica e Gadis enmárcase na celebración da 60 edición da festividade das Letras Galegas, que este ano terá a Francisco Fernández del Riego como homenaxeado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta, Román Rodríguez, e o director de Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, asinaron un acordo de colaboración para promover o uso do galego entre a mocidade en plataformas dixitais.

O acordo, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, buscará potenciar e recoñecer o talento dos mozos que empregan o idioma propio de Galicia para crear contidos innovadores en redes sociais.

O convenio, engade a Xunta, tamén destacará "o valor da colaboración público-privada" no ámbito cultural e creativo. Para iso, ambas as institucións lanzarán un concurso de vídeos de TikTok que se desenvolverá de xuño a setembro e que premiará as mellores pezas compartidas en catro disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía.

Esta colaboración entre a Administración autonómica e Gadis enmárcase na celebración da 60 edición da festividade das Letras Galegas, que este ano terá a Francisco Fernández del Riego como homenaxeado.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, Melisa Plagiaro, asinan un convenio de colaboración para promover o galego entre a mocidade.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa de Gadis, Melisa Plagiaro, asinan un convenio de colaboración para promover o galego entre a mocidade.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta