Interceptan a un menor borracho e sen carné conducindo un coche co seu pai tamén ebrio

O pai foi sometido a un xuízo rápido, no que resultou condenado á pena de 22 días de traballo en beneficio da comunidade.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/05/2023 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense interceptou o pasado venres a un menor de idade que conducía un vehículo a pesar de carecer de permiso e que, ademais, facíao baixo a influencia do alcol. Ao mozo acompañábao o seu pai, que non puido facerse cargo do coche dado que tamén estaba ebrio.

Os feitos sucederon sobre as 23,45 horras do venres no quilómetro 580 da estrada N-120, nas proximidades de Santa Cruz de Arrabaldo, en Ourense. Ao deter a un vehículo Ford Mondeo que se dirixía á localidade de Punxín, os axentes observaron que o seu condutor presentaba "síntomas evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas". De feito, arroxou un resultado positivo de 0,52 mg/l na primeira proba e de 0,51 mg/l na segunda.

Ademais, o condutor era menor de idade e non tiña, por tanto, permiso de condución. Por iso, investígaselle por dous delitos, o de conducir sen obter nunca o permiso ou licenza correspondente e o de conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Ao menor, no vehículo, acompañábao o seu pai, que non puido facerse cargo do coche porque tamén se atopaba baixo os efectos de bebidas alcohólicas. A el investígaselle por un presunto delito de cooperador necesario nun suposto delito contra a seguridade viaria. O pai foi sometido a un xuízo rápido, no que resultou condenado á pena de 22 días de traballo en beneficio da comunidade.

Proba de alcolemia
Proba de alcolemia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta