2 de cada 3 galegos consideran que a Lei de Vivenda non solucionará os problemas actuais

Ante esta nova Lei os que se mostran máis optimistas son os máis mozos e as persoas que viven de aluguer.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/05/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Aínda que o 57% dos galegos considere necesaria unha Lei de Vivenda, o 76% cree que será "pouco" ou "nada" útil. Estos datos son recollidos polo informe "Percepcións da nova Lei de Vivenda" elaborado polo Grupo Mutua Propietarios sobre a nova Lei aprobada polo Congreso e que entrará e vigor a finais de maio.

Vivendas
Vivendas | Fonte: Europa Press

Cabe destacar que os que menos utilidade lle ven a esta Lei son os arrendadores e os que máis, os alugados e os máis xóvenes. Isto fai que os cidadáns mostren unha actitude pesimista cas consecuencias desta nova norma que se ve agravada pola constante tendencia a alza dos alugueres.

Dentro deste campo, a medida mellor valorada é a da protección ante os desafuizamentos, apoiada por un 65% e a menos, a de establecer impostos ás vivendas baleiras, cun 41%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta