Cortada a N-640 en Silleda polo envorco dun camión de transporte de animais

O conductor saíu ileso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O envorco dun camión de transporte de animais á primeira hora da mañá provocou o corte da N-640 á altura de Silleda. O condutor non resultou ferido e puido saír da cabina coa axuda duns particulares que acudiron a auxilialo.

Aínda que os animais non escaparon, o sinistro provocou a vertedura de combustible e aceite, polo que se requiriu a intervención dos bombeiros de Deza.

Eran pasadas as 6,00 da mañá cando un particular chamou ao 112 Galicia para informar do envorco do camión ocorrido no quilómetro 186 da N-640. Nese momento, o vehículo ocupaba o carril dereito e o condutor xa estaba fóra. No operativo tamén participaron os bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada.

Envorca un camión cargado de pitos
Envorca un camión cargado de pitos | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta