Sete coches afectados por un incendio nun taller de Sada

Un deles quedou calcinado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Un incendio declarado na tarde do domingo nun taller de pintura de Sada, no lugar de Tarabelo, calcinou un coche que se atopaba no interior do inmoble e deixou outro seis turismos danados.

Segundo informa o 112 Galicia, a rápida intervención dos profesionais de extinción evitou maiores danos. Non houbo dano persoais. Varios particulares avisaron sobre as 19,20 horas de que vían chamas e fume nun taller de coches. Así, activouse un dispositivo no que se avisou a bombeiros de Betanzos, que en menos dunha hora deron por finalizada a extinción das chamas. Tras arrefriar a zona, comunicaron aos xestores de emerxencias que os axentes de seguridade acordoarían a zona para proceder coa investigación dos feitos.

Tamén se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Garda Civil e o persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta