O prezo do aluguer en Galicia creceu un 5,5% nun ano

O prezo do metro cadrado é de 8,19 euros ao mes en abril, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/05/2023 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

O prezo do aluguer en Galicia subiu un 0,9% na súa variación mensual e un 5,5% en comparación co mesmo mes do ano anterior, o que situou o seu prezo en 8,19 euros ao mes en abril, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este incremento interanual (5,5%) supón o máis baixo deste ano.

A nivel estatal, este estudo sinala que os alugueres en España incrementáronse un 7,3% en abril respecto ao mesmo mes do ano anterior e un 1,2% na súa variación mensual. En concreto, o incremento interanual do 7,3% foi a taxa máis baixa rexistrada dos últimos cinco meses, en concreto, desde o mes de novembro de 2022, cando o prezo do aluguer subiu un 5,9%.

"Aínda que este incremento xa non sexa de dous díxitos, o prezo da vivenda en aluguer volve marcar unha nova marca no mes de abril, por cuarta vez consecutiva neste 2023", subliñaron desde o portal inmobiliario. Estas subidas detectadas a peche do mes de abril sitúan o prezo da vivenda en aluguer en 11,69 euros por metro cadrado.

Un piso de vivendas en Ourense
Un piso de vivendas en Ourense | Fonte: Agostime - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta