A nova lei de igualdade busca "revolucionar a cultura empresarial", segundo a Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2023 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, destaca que a nova lei de igualdade de Galicia busca "modernizar e revolucionar a cultura empresarial" para "loitar contra a discriminación da muller no campo laboral".

Este luns, a conselleira participou nun acto en Vigo de entrega da terceira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos universitarios en favor da igualdade, onde foron galardoadas Ana Souto, Cinthia Piñeiro e Carmen Castrillo. Alí, puxo en valor a educación como base par asentar unha verdadeira cultura empresarial que resalte a diversidade e o benestar laboral para atraer talento.

De tal forma, apunta que o anteproxecto, que "entrará de forma inmediato no Parlamento de Galicia", porá á autonomía "á vangarda" para ser a primeira comunidade do Estado en regular a sustentabilidade social empresarial como "cambio organizacional" para que as empresas favorezan a igualdade, converténdose en polos de atracción e retención de talento.

"Resulta imprescindible que as universidades, como núcleo do labor investigador e divulgativo da nosa sociedade, contribúan a impulsar a reflexión e o estudo sobre as desigualdades entre mulleres e homes para avanzar en novas medidas para a súa erradicación definitiva", apunta Lorenzana.

A conselleira de Promoción do Emprego e a Igualdade, María Jesús Lorenzana, xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. DAVID CABEZON @ XUNTA
A conselleira de Promoción do Emprego e a Igualdade, María Jesús Lorenzana, xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta