Reactivadas desde este luns as notificacións para facer queimas

Sobre queimas de restos agrícolas, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha "queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2023 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Xunta reactiva desde este luns, 29 de maio, as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares, tanto desde a web habilitada como a través do teléfono 012.

Deste xeito, os interesados deben facer a comunicación con dous días de antelación, segundo lembra a Consellería de Medio Rural nun comunicado.

En concreto, no portal web destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha "queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras".

Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén respecto diso, para que confirmen o tipo de material e circunstancias.

Ademais, tamén se retoman desde este luns as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, fai falta contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

Plantación de eucaliptos
Plantación de eucaliptos | Fonte: AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta